Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de junio de 2017

BASKETAPAS EN CAMBADOS E I CLINIC VILA DE CAMBADOS













Basket Tapas é un evento no que participan varios locais de hostalaría de Cambados, e que entre o 9 e o 18 de xuño, coincidindo coa celebración en Cambados e Vilanova da fase final do Campionato de España de clubes infantís de baloncesto, contará co dobre obxectivo de axudar á financiación do Xuven e de crear novas ofertas turísticas, para o cal se contará con diversas actuacións musicais e de humor, así como sorteos.
A Casa de Miguel, A Taberna de Toñi, O Casal, Divinas Palabras, A Fonte do Viño, A taberna do Trasno, A taberna de Triana, Ribeira de Fefiñáns, A taberna da Calzada, el Parador de Cambados, A Cultural y O Pósito son os doce locais que se presentan nesta ocasión sin descartar algún máis posto que o plazo para inscribirse non rematou.

A metade do recadado irá a parar as arcas do Xuven, moi vacías trala falla de subvencións da Xunta

Ademáis, celebrarase o I Clinic Vila de Cambados, o 16 de xuño no Complexo Polideportivo do Pombal.
Dentro da programación BASKETAPAS, inclúese a organización, coa colaboración do Concello de Cambados, a Federación Galega de Baloncesto e o Club Xuventude Baloncesto Cambados do "I Clinic Vila de Cambados".
Todas as charlas serán expostas en pista con xogadores e terán unha duración de 60 minutos. Ademais, froito da colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, os asistentes ao clínic terán unha validación de 8 horas e 1 CETI de formación complementaria para os seus cursos de formación.
Ademais poderemos intercambiar as nosas experiencias durante os descansos-coloquios, onde poderemos degustar produtos da zona.
Inscrición
Para tramitar a inscrición nesta primeira edición do Clínic "Vila de Camabdos" é preciso efectuar un ingreso bancario (ES93 2080 5414 6230 4010 4202) de 10 ? e enviar os datos persoais (nome completo, DNI, club de orixe e xustificante bancario) vía mail a xuven.cambados78@gmail.com.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.