Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de mayo de 2017

O CONCELLO DE CAMBADOS DESMONTA AS MENTIRAS DA XUNTA














O goberno municipal de Cambados está disposto a chegar a onde faga falla para demostrar que os continuos retrasos nas obras programadas a facer en Cambados, non se deben ao propio Concello senón a falla de interese da Xunta.
Entre estas obras atopamos, a cuberta da Piscina Municipal, a Plaza de Abastos, a ampliación do Instituto Asorey ou o tema das casas dos mestres do Colexio Magariños, todas elas obras moi importantes para Cambados.
Así se desprende dunhas declaracións que fixo Víctor Caamaño concelleiro de Cultura a Radio Arosa
En canto ao Instituto Asorey dias atrás, César Pérez acusaba ao goberno local de retrasar as obras, algo que desminte o concelleiro. Segundo Pérez as obras non van adiante pola falla de licencia municipal. Víctor Caamaño resposta que a Xunta non abonou as taxas municipais (con un desconto do 95%, máis do que pedía a Xunta que era do 50%) e que son preceptivas para dar a licencia de obras. A obra está proxectada para facer no periodo estival, ao remate das clases polo que non poderían ter empezado, como dixo o Delegado de Educación, e a obra foi adxudicada a finais de xaneiro polo que de ter algún retraso non sería de 6 meses, como dixo o delegado, senón tres, pero que non é certo, tendo en conta que aínda non estamos no verán.


Para escoitar premer no enlace, logo en Podcast. De seguido Radio Arosa, despois Informativo Hora 14 i escoitar a partir do minuto 30:42
Pica aquí








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.