Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de mayo de 2017

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA O PREMIO OTERO PEDRAYO















O prazo para presentar candidaturas a este premio, dotado con 16.000 euros, permanecerá aberto durante tres meses
A partires de mañá, e durante un período de tres meses, poderanse presentar as candidaturas para optar ao Premio ‘Otero Pedrayo 2017'. Este premio, de carácter autonómico e anual, é convocado cada ano por unha das catro Deputacións, correspondéndolle a actual convocatoria ao ente provincial de Pontevedra. O galardón, dotado con 16.000 euros, ten por obxecto perpetuar e honrar a memoria de persoas egrexias no campo das letras e do coñecemento; premiar un labor que constitúa unha contribución eminente á cultura galega; e promover os valores propios de Galiza e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións.
As bases determinan que poderán optar a este premio as persoas naturais nacidas ou residentes na Galiza ou con cumprida raizame nela; os grupos de traballo radicados na Galiza ou constituídos para promover a cultura galega; e as personalidades ou institucións que se caractericen pola difusión e o mantemento da cultura galega. A opción do premio determinarase a través dunha candidatura que poderá ser presentada de cinco formas diferentes: calquera persoa física ou xurídica no seu propio nome; as entidades académicas e culturais galegas respecto dos seus membros; calquera dos presidentes e presidentas das deputacións provinciais, a proposta das respectivas comisións de Cultura; a Xunta de Galicia, oída a Consellería correspondente; e o mesmo xurado do premio, unha vez constituído.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.