Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de mayo de 2017

A ADEGA TERRA DE ASOREI RECIBEU HOXE O SELO "GALICIA CALIDADE"










O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe na visita á adega Terra de Asorei en Meis a aposta da Xunta por unha industria galega do viño que combine calidade con tradición e innovación para seguir medrando. É o caso de Terra de Asorei que hoxe recibiu oficialmente o selo de Galicia Calidade e conta coas técnicas máis avanzadas de tratamento e elaboración.
O titular de Economía definiu o proxecto como “moderno e diferenciado” no Salnés que se está a posicionar nunha comarca que destaca polos seus caldos, xa que desenvolve na súa xestión as claves para o éxito no mercado que, segundo Conde, son o coñecemento, a innovación, o produto de calidade e o entusiasmo e paixón.
De feito, nas súas novas instalacións, o titular de Economía explicou que mesturan o coñecemento empresarial e adegueiro coas últimas innovacións en tecnoloxía e equipamento. A aposta pola modernización, un feito no que incide o Goberno galego para que a industria galega sega crecendo e exportando, permítelle na actualidade á adega do val do Salnés unha capacidade para producir 400.000 botellas ao ano. A empresa produce na actualidade nas súas 60 hectáreas de viñedo tres marcas da D.O Albariño e exporta a unha decena de países, onde factura hoxe en día o 35% das súas vendas. A compañía non só está presente en países europeos como Reino Unido ou Holanda, senón tamén en Estados Unidos e Xapón.
Terra de Asorei centra os seus investimentos en mellorar a produción, o que repercute nun control máis exhaustivo da calidade da uva durante todo o proceso, desde a cepa ata a súa elaboración e posterior comercialización.
fachada.jpgGalicia Calidade, tal e como explicou o conselleiro, quere acompañar a todas aquelas bodegas que, como Adega Terra de Asorei, están a traballar pola mellora constante dun viño asegurando que é a fórmula para competir nos mercados internacionais máis esixentes e satisfacer as demandas do consumidor. “Galicia Calidade está ao servizo das empresas para axudarlles nos procesos de internacionalización, sempre vincualdos ao territorio e a tradición”, engadiu.
Para rematar, incidiu na posta en valor do sector vitivinícola que, segundo apuntou, enriquece o valor turístico de Galicia e a calidade que exporta a economía galega. 
Seis familias da Comarca do Salnés con longa tradición adegueira e vinícola que uníronse a principios do século XXI. Co obxectivo de mellorar os nosos sistemas de elaboración dun albariño 100 % de alta calidade, continuar coa modernización para crear viños albariños con personalidade e que buscan a excelencia. E como empresas familiares manter os proxectos adaptándose a un mundo aberto e cambiante. Esta aposta pola calidade foi tamén o paso da empresa familiar á profesional.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.