Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de abril de 2017

O XUVEN PERDE E QUEDA CASE DESCARTADO O ASCENSO DIRECTO










O Xuven perdeu a oprtunidade de poñerse líder trala derrota do Sammic en Granada.

Os amarelos sumaban dez triunfos consecutivos, un refacho que cortou o conxunto albaceteño para manter as súas opcións de salvación (71-80). O equipo de Alfredo Gálvez dominou o choque desde o inicio, sempre mandou no marcador, mesmo chegou a superar os vinte puntos de diferenza, para lograr o seu segundo triunfo consecutivo na liga LEB Prata.

O partido comezou con 6 puntos de Davis e un triplo de Eneogwe, un parcial de 0-9 de inicio para o Arcos Albacete Basket. Os albaceteños, enchufados desde o inicio, lograron boas vantaxes neste primeiro cuarto, ata o 9-22, aínda que reaccionou o Xuven Cambados ata o 15-24 co que se chegou ao final do primeiros dez minutos de xogo. O cadro galego colocouse a dous no segundo cuarto, 23-25, e a vantaxe sempre albaceteña pareceu esfumarse. Tras un intercambio de canastras, e co 29-31, o Arcos Albacete Basket logrou un parcial de 0-8 e ampliou outra vez a súa diferenza á barreira psicolóxica dos dez puntos, 29-39, para chegar ao descanso.

Tras o paso polos vestiarios tentou achegarse o Xuven Cambados, pero o equipo de Alfredo Gálvez non estaba disposto a permitilo, mantendo a diferenza ao redor dos dez puntos, incluso ampliándoa na recta final, ata o 46-62 co que finalizou o terceiro cuarto. Dezaseis puntos de vantaxe e dez minutos por diante. No último cuarto a diferenza superou mesmo os vinte puntos, co 46-67. Tras o 49-69, un parcial de 12-0 achegou ao Xuven Cambados ata o 61-69, pero aos albaceteños non lles tremeu o pulso, aguantaron as arremetidas locais e pecharon o partido co definitivo 71-80.





Foto: Luís Gómez




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.