Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de abril de 2017

O XUVEN CIDADE EUROPEA DO VIÑO A GAÑAR E AGARDAR














Este sábado o Xuven Cambados Cidade do Viño 2017 enfróntase ao Arcos Albacete Basket a partir das 18:00 horas, o partido da 28º xornada da liga LEB Prata.

O islandés Ragnar Nathanaelsson viaxou co resto dos seus compañeiros e salvo contratempo de última hora o adestrador Alfredo Gálvez poderá contar con el mañá. Eneogwe e Fox, que arrastraban molestias, tamén viaxan para ser da partida. O plantel verde ven coa necesidade de gañar pois está inmerso na loita por evitar o descenso. Tras numerosos trocos Albacete é moi diferente ao do partido de ida.

O equipo amarelo non pode chegar en mellor momento a este partido, leva dez triunfos consecutivos, non perde desde o 14 de xaneiro e está na loita pola primeira praza da clasificación (é 2º cun balance de 20 vitorias e 7 derrotas), por tanto é un gran reto para o Arcos Albacete Basket o encontro do sábado.

Os xogadores manchegos son conscientes da dificultade do partido, xa que o rival venceu no choque da primeira volta no Pavillón do Parque.

Desde o Club lembran que continuab coa campaña " COLABORA CO TEU CLUB", ademais podes conseguir un ABONO DE PLAY OFF ao entrar automaticamente no sorteo, se es unha das persoas que voluntariamente doan unha cantidade mínima de 5€







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.