Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de marzo de 2017

O XUVEN XOGA HOXE PARA DURMIR LÍDER OUTRA NOITE MÁIS











Hoxe venres comeza a xornada adiantada da LEB-Prata cun Xuven Cambados Cidade Europea do Viño que busca a súa oitava consecutiva e apertar ao líder, Sammic ISB, na casa dun Hispagán Gandía necesitado, en postos de descenso.

A mellor serie positiva contra un equipo en situación límite

O Cambados é terceiro na liga despois de acumular 17 vitorias no que levamos de campaña. Está empatado na competición co Covirán Selecta e só lle separa unha vitoria do Sammic ISB Azpeitia, líder do campionato.

Pola contra, o Hispagan é o antepenúltimo con dez partidos gañados menos que os cambadeses  e afundido tras a dolorosa derrota ante o pechacancelas. Os dous afrontan o choque con obxectivos bastante diferenciados. Mentres os locais necesitan gañar para seguir con mínimas opcións de pelexar pola permanencia, o Xuven Cambados está a pensar na vitoria para seguir preto do primeiro clasificado e optar mesmo a gañar a liga na súa fase regular.


Para engadir máis dificultade ao partido, Víctor Rubio non poderá contar con Carlos Gil, afectado dunha lesión que lle impediu adestrar esta semana e da que non termina de recuperarse. O club segue fiando a súa sorte ao seu gran valor, o público. 

O partido poderase seguir polo Canal.Feb a partires das 20:30 h.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.