Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de marzo de 2017

HOXE REPÍTESE O XUÍCIO DOS TRABALLADORES DA LONXA DESPEDIDOS













No Xulgado do Social número 3 de Pontevedra celebra este venres pola mañá, a partir das 10 horas, a repetición do xuízo polo despedimento improcedente ou nulo dos tres "lonjeros" de Cambados que foron sorprendidos cando vendían, persuntamente, marisco de forma irregular.

Este novo xuício xorde tralo recurso que presentou a confraría San Antonio de Cambados contra a primeira sentenza que ordenaba a readmisión dos tres traballadores e que foi ditada hai un ano polo mesmo xulgado que volverá analizar o asunto.

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xusticia declarou a nulidade da resolución xudicial e das actuacións previas, polo que ordena que as actuacións sexan "desde o momento do sinalamiento do xuízo".

O Tribunal tamén acordou a devolución da fianza de 300 euros que depositora a Confraría de Pescadores de Cambados para poder recorrer a primeira sentenza.

Os feitos que se xulgan producíronse en setembro de 2015 tras unha reunión do depósito na que se decidiu o despedimento dos tres traballadores pola suposta actuación irregular cometida.

Cinta de vídeo
Ao parecer, a Confraría dispón dunha cinta de vídeo na que se observa a actuación destes tres traballadores da lonxa no momento en que levan parte da mercadoría para supostamente vendela de forma ilegal, e que no seu momento foi rexeitada polo tribunal

Segundo algunha das versións trataríase de marisco de talla antirregulamentaria que non se podería poxar na lonxa e que tería que ser devolto ao mar.

O asunto dou moito que falar posto que involucraba a restaurantes e depuradoras, poñendo en dúbida as garantías sanitarias do marisco cos riscos para os consumidores e porque se acusou ao Cabildo de levar a cabo unha venganza política.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.