Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de marzo de 2017

ABANCA E O CONSORCIO DO COMERCIO DO SALNÉS PRESENTARON UNHA NOVA CAMPAÑA













ABANCA e o Consorcio do Salnés lanzan unha campaña que promove as compras no comercio local con premios aos clientes. A utilización da plataforma APRAZOS, o servizo de compras do banco, nos establecementos adheridos será incentivada cun sorteo de premios en metálico, tarxetas regalo, reloxos intelixentes ou televisores led. A promoción estenderase ás compras realizadas entre o 15 de marzo e 15 de maio de 2017
No marco desta iniciativa, os clientes de ABANCA que utilicen APRAZOS, o servizo de compras do banco, en calquera dos establecementos adheridos ás asociacións do Consorcio do Comercio do Salnés participarán no sorteo de varios agasallos. Sortearanse cinco premios de 500 euros, cinco tarxetas de regalo de 50 euros, cinco reloxos intelixentes da marca Samsung e dez televisores led de 32 polgadas. Entrarán na promoción as compras realizadas entre o 15 de marzo e o 15 de maio.
A acción foi presentada esta mañá en Cambados polo presidente do Consorcio do Comercio do Salnés, Juan Rey Rodríguez, e a directora territorial de ABANCA en Pontevedra, Carmen Fernández Penas. O acto contou tamén coa asistencia dos presidentes das distintas asociacións de comerciantes que integran o Consorcio e dos directores de zona de ABANCA en Arousa / Salnés e Pontevedra Ría, Víctor Manuel Vázquez Saavedra e Alberto Varela Reiriz, respectivamente.
Durante a presentación, Juan Rey Rodríguez destacou a importancia deste tipo de acordos que facilitan o acto compra no comercio de proximidade e que xeran sinerxías beneficiosas para o pequeno comercio, un sector que conta cunha importante presenza na nosa contorna.   
Pola súa banda, Carmen Fernández Penas explicou que esta promoción “é un exemplo máis do compromiso irrenunciable de ABANCA co pequeno comercio”. A directora territorial de ABANCA en Pontevedra resaltou que “a través do servizo APRAZOS apoiamos ao comercio minorista dende unha dobre vertente: apoiamos ao comerciante achegándolle ferramentas coas que pode vender máis, ofrecendo financiamento equiparable aos sistemas que teñen as grandes superficies; e favorecemos o consumo dando crédito ao cliente final no lugar e no momento en que o precisa”.
Aprazamento das compras cómodo e inmediato
APRAZOS, o servizo de compras de ABANCA, permite aos clientes do banco financiar as súas compras no propio punto de venda, de forma cómoda, sinxela, rápida e inmediata, sen papelorios. O servizo ofrece dúas modalidades de aprazamento: coa tarxeta de crédito ABANCA, a través do Terminal Punto de Venda (TPV) do establecemento; ou aprazamento unicamente co DNI, a través dun portal web específico que a entidade financeira pon a disposición dos comercios.
Coa tarxeta de crédito, os clientes poden aprazar as súas compras ata en 36 meses sen xuros nin comisións. Pola súa banca, a opción de financiamento sen necesidade de dispoñer de tarxeta de crédito permite o aprazamento dos pagos ata en 60 meses.

Fonte: Cambados Zona Centro







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.