Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
24 de febrero de 2017
REMATA UNHA EXCELENTE CAMPAÑA DA VIEIRA
A campaña da vieira en Cambados remata cos mellores resultados desde o 2010. Colléronse cerca de 90.000 quilos, un 23% máis ca o ano pasado, e a facturación da confraría por este molusco chegou aos 400.000 euros.
Último día para facer arrastradas na ría de Arousa. Remataba a mellor campaña da vieira dos últimos sete anos. En volume de vendas mellor. Este ano houbo case 90 toneladas e para o sector primario é importante. É un produto cada vez máis demandado e o sector puido cobrar algo máis, segundo a Xerente de Porto de Cambados.
Desde o 2010 a facturación nunca superara os 300.000 euros. Este ano, os mariñeiros cobraron 4,75 euros por quilo durante todo o ano e no Nadal chegaron aos 5 euros. Esta campaña non houbo toxina e o sector puido traballar con continuidade. Unha frota importante que move moita xente e é un recurso con mercado e é bo que saia.
Nas últimas semanas, a empresa participada pola confraría que eviscera e comercializa o produto aprovisionouse para conxelala e poder abastecer o mercado na Semana Santa e no verán. A vieira comeza a desovar coa chegada da primavera.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.