Hoxe mércores, ás 12:30 horas, tivo lugar a presentación da campaña do día dos Namorados, que con tal motivo vai levar adiante a asociación de comerciantes Cambados Zona Centro durante os vindeiros días.
A campaña foi presentada polos directivos da asociación Cambados Zona Centro, Bruno Somoza e Mariana Lorenzo, xunto co Concelleiro de Económía Xurxo Charlín.
Na presente edición, a asociación sorteará entre tódolos seus clientes:
- - Conxunto de pulseira home e muller “LOTUS” (cedido por Xoiería Fariña).
- - Pulseira home e gargantilla muller “VICEROY” (cedido por Xoiería Enrique).
- - Conxunto de cadea e colgante “Corazón partido” en prata de lei, (cedido por Xoiería Villar).
- - Parella de reloxos home e muller “CASIO” (cedidos por Xoiería David).
- - 1 cea para dúas persoas en calquera dos establecementos hostaleiros asociados.
O sorteo realizarase venres 17 ás 13:00 horas no Salón de Plenos do Concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.