Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de febrero de 2017

O PRIMEIRO TEMPORAL DO ANO ENTRA ESTE MÉRCORES









HOXE
Aemet alerta dun temporal costeiro de nivel vermello que afectará ao litoral das provincias da Coruña e Pontevedra a partir do mediodía de mañá, 2 de febreiro. Ademais, desde as 00,00 horas, quedará tamén activado o nivel de alerta laranxa por vento nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espérase a partir do mediodía de mañá, xoves, mar combinada do oeste entre 8 a 9 metros que afectará ao litoral da Coruña e Pontevedra. A partir das primeiras horas da tarde de hoxe no oeste da Coruña, e da noite no resto do litoral da Coruña e Pontevedra, espérase vento do sur e suroeste de forza 8 e mar combinada do oeste, aumentando a 8 metros (alerta de nivel laranxa). No litoral de Lugo espérase a partir de mañá mar combinada do Oeste, aumentando de 5 a 7 metros, con nivel laranxa.
A Xunta alerta tamén dun fenómeno meteorolóxico adverso por vento, de nivel laranxa, que se iniciará ás 00,00 horas do 2 de febreiro, e que afectará á Coruña, Lugo e Pontevedra. Haberá vento do sur e suroeste con rachas que poderán superar os 110 quilómetros por hora. Na tarde de hoxe, mércores 1 de febreiro, xa se acadará en boa parte da comunidade autónoma o nivel amarelo, con refachos máximos de 90 quilómetros por hora. Ademais, ao longo deste episodio, as cantidades acumuladas de precipitacións serán considerables, podendo superarse nalgúns puntos os 200 mm en total.
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén se lle recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.




XOVES 2/2


Así, o tempo inestable aumenta os riscos, tanto se imos ao volante como se nos animamos a dar un paseo pola rúa. Dende o 112 Galicia lembránnos que, ante estes casos, cómpre tomar algunhas medidas preventivas. Infórmate de como vén o tempo na túa zona. Se non tes outra opción que coller o coche, pon toda a túa atención sobre o asfalto, xa que as precipitacións poden ocasionar bolsas de auga ou desprendementos de terras. Antes de iniciar a túa ruta consulta o estado da circulación na DXT(Ábrese nunha nova xanela)
Ademais, toma boa nota dos seguintes consellos:

  • Se a chuvia che resta visibilidade mentres conduces, aparta ao arcén, pon as luces de emerxencia e agarda a que a situación mellore
     
  • Abandona o vehículo se a auga xa chegou ao eixo, mesmo se quedou inmobilizado e sobe moito o caudal
     
  • Afástate de pontes, ríos e zonas susceptibles de asolagarse
     
  • Non tentes atravesar espazos inundados
     
  • Se vas pola rúa presta moita atención aos obxectos que o vento pode tirar dos balcóns e fiestras
     
  • Se detectas algún sumidoiro atoado e hai risco de inundación avisa aos efectivos de emerxencias
     
  • Se necesitas axuda chama ao 112 







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.