Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de enero de 2017

TRIUNFO CON DIFICULTADES A PESAR DO MARCADOR FINAL DO X.CAMBADOS CIDADE EUROPEA DO VIÑO














Cando menos habería que cualificar o partido como, raro. Parciais moi favorables para ambos os equipos en determinados momentos que os facías merecedores da vitoria e moitos puntos por ambas as partes. Entre ao último cuarto o Xuven por detrás pero meteu 30 puntos neste cuarto, para acabar con 18 triples anotados.
Os homes de Saulo Hernández arrincaron como un tiro e terminaron afogonados. O primeiro cuarto tivo unha clara cor visitante, pero o último e decisivo só foi para os galegos, tras un competido desenvolvemento do choque.

No tramo inicial, os zamoranos exhibiron grandes facilidades para facer dano á defensa local. Nun dicir amén, o Aquimisa Laboratorios viuse con dez puntos de vantaxe (9-19) e unha boa partida de man para tratar de asaltar unha das canchas máis complicadas do campionato. Pero o Xuven Cambados Cidade Europea do Viño reaccionou. Sen alardes e sen un refacho especialmente sanguento, os galegos equilibraron o duelo antes do descanso e marcháronse a vestiarios cunha pequena vantaxe (44-40).

Parecía que a situación se podía torcer pronto para os zamoranos, pero non resultou así. Os amarelos non puideron tomar de primeiras as rendas do duelo e Hansen, Forbes, Iza e compañía estiveron acertados para manter a alternancia no marcador durante un terceiro cuarto que terminou cos branquiazuis por diante (68-70).

Aí morreu a esperanza. Os zamoranos asinaron un parcial decisivo para esquecer, encaixaron un parcial de 14-2 de saída e xa non se recompuxeron. O conxunto galego dedicouse a apertar máis e máis o acelerador para acabar endosándolle un 30-12  nos últimos dez minutos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.