O programa arrincou onte co inicio da campaña de recollida de xoguetes usados «Cada neno un xoguete». O día 23 entregaranse os premios do concurso de debuxo "Postais de Nadal". Os días 23, 24, 30, 31 de decembro haberá un parque de atraccións no salón de Peña con inchables, obradoiros, xogos, música en horario de 11.00 a 13.00 e de 16.30 a 20.30 horas. A entrada é de balde.
O xoves 31, ás 12.00 terá lugar no Salón de Peña as badaladas con lacasitos, brindando con escumoso Rías Baixas. O xoves 5 chegarán a Cambados os Reis Magos a Cambados. Ás 12.00 serán recibidos no salón de plenos do Concello e a partir das 17.00 horas comezará e Fefiñáns a Cabalgata de Reis.
Cambados Zona Centro presentou a súa campaña de Nadal na que repartirá 1.300 euros en vales de 500, 300, 200, 100 e 50 euros, que deberán ser gastados nos establecementos asociados. Cada comercio disporá de 200 boletos que repartirá entre os seus clientes co límite de cinco por compra. Estes deberán cubrilos cos seus datos persoais para poder así entrar no sorteo que se celebrará en xaneiro do 2017.
Zona Centro e Concello de Cambados presentaron o programa de actividades lúdicas e culturais para este Nadal en Cambados. O programa arrincou onte co inicio da campaña de recollida de xoguetes usados «Cada neno un xoguete».
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.