Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de diciembre de 2016

LOUZÁN SENTARASE NO BANQUIÑO DOS ACUSADOS













O Xulgado de Instrución Número 2 de Cambados acordou a apertura de xuízo oral contra o expresidente da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán, a súa esposa e o concelleiro de Pazos de Borbén Severino Reguera por un delito de suborno. O auto sinala como órgano competente para o axuizamento o Tribunal do Xurado da Audiencia Provincial de Pontevedra e empraza as partes para que en 15 días comparezan ante o tribunal competente.
O proceso xudicial responde á querela presentada polo fiscal Augusto Santaló por suposto suborno contra o expresidente provincial do PP de Pontevedra e exdeputado provincial e concelleiro de Pazos de Borbén Severino Reguera en relación ao aluguer duns locais comerciais a un prezo superior ao do mercado.
No escrito de cualificación, a Fiscalía expón que en agosto de 2008 Louzán, por entón presidente da Deputación de Pontevedra e do PP pola provincia, e a súa esposa adquiriron da sociedade cooperativa Monte Alba S. Coop. Galega tres locais comerciais no número 23 da rúa Teixugueiras de Vigo, logo de reservar cinco locais nesta rúa. Finalmente, compraron tres por 460.122,5 euros e cederon a compra dos outros dous a Severino Reguera e a súa esposa. Para realizar a entrega inicial de diñeiro á empresa que lles vendeu os baixos, Severino Reguera prestoulles 103.748,42 euros.
Tras a compra, María Teresa C.F. asinou un contrato privado coa empresa Bruno Pan, da que é administrador Severino Reguera e que ten a sede en Ribadumia, para alugarlle os seus tres locais. O contrato asinouse en 2008 por unha duración de dez anos prorrogable e por un prezo de 3.584 euros e, segundo os datos da investigación da Fiscalía, agás no ano 2008, no demais anos o prezo percibido polo arrendamento superou a amortización das cotas hipotecarias.
DELITO
O fiscal aprecia un delito de suborno cometido por o entón presidente provincial, actual presidente da Federación Galega de Fútbol, e a súa esposa ao alugar os locais ao grupo Bruno Pan S.L. do deputado provincial a un "prezo superior" á media dos alugueres da mesma zona, segundo sostén no escrito de acusación.
Por iso, o fiscal sostén que "se infire que o señor Louzán e esposa adquiriron uns locais comerciais de importante valor sabendo dende o principio que o prezo da compra (empréstito hipotecario) ía ser pagado pola empresa dunha persoa que tamén exerce cargo político no mesmo organismo (Deputación Provincial de Pontevedra) e mesmo partido, e a proxección política da cal, non é difícil adiviñar, depende daquel".
Neste sentido, a Fiscalía aprecia "un trato de favor ao expresidente do organismo provincial e esposa que, en definitiva, supón o regalo en consideración ao cargo deste dunhas importantes cantidades de diñeiro, e finalmente dos locais comerciais, ou, mesmo da totalidade do local unificado".
Por outro lado, o fiscal afirma que as relacións entre Louzán e Regueira "alcanzan a máis actividades e conexións que as recollidas neste escrito e que son obxecto doutras investigacións xudiciais".
PENAS
A Fiscalía pide un ano de prisión e un ano de inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo para Severino Reguera por un delito continuado de suborno pasivo cometido na súa etapa como deputado provincial.
Mentres, para Louzán solicita un ano de cárcere, un ano de inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo e suspensión de emprego e cargo público por tempo de dous anos e tres meses.
Para a súa esposa, María Teresa C.F., o fiscal pide nove meses de prisión, nove meses de inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo e 14 meses de suspensión de emprego e cargo público. Ademais interesa o comiso dos tres locais comerciais propiedade de ambos os dous.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.