Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
13 de diciembre de 2016
FESTIVAL DE PANXOLIÑAS DE CÁRITAS
Un total de trece formacións participaron no Festival de Panxoliñas, que cumpría o seu decimonovena edición, que se organiza a beneficio de Cáritas Interparroquial de Arousa que tivo como marco o auditorio vilagarcián. No concerto, que foi presentado polo xornalista da TVG, Manuel Torrente.
Actuaron Clave de Sol de Vilariño (Cambados); Coro Infantil Parroquial Santa Eulalia de Vilagarcía; Coro Infantil Confraría de Pescadores San Martiño do Grove; Coro Parroquial de Rubiáns; Coro Parroquial de Vilaxoán; Coral Santa María de Caleiro; Coral Santa María Adigna Portonovo; Coral Polifónica Cambados; Coral Alento Xoven Carril; Coral Rosalía de Castro de Vilagarcía; Coral Polifónica Municipal da Illa de Arousa; Coral Cantares dás Burgas de Cuntis e a Rondalla Gato Negro de Carril.
O público, moi solidario e que encheu o auditorio, achegou tres euros e tamén comprou a fila cero, con destino aos programas que desenvolve Cáritas Interparroquial de Arousa para atender ás persoas máis necesitadas da zona.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.