O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou esta tarde o libro ‘Fundación Manolo Paz Arte Contemporáneo’, na sede da Fundación homónima, sita no cambadés lugar de Quintáns. Román Rodríguez sinalou a importancia de que un artista “da sona internacional de Manolo Paz” escolla a súa terra para levar adiante o seu proxecto creativo, de xeito que todos os galegos e galegas “podamos gozar da súa arte e da actividade cultural e de divulgación artística da Fundación.”
Así mesmo, o conselleiro destacou que “desde as primeiras pegadas paleolíticas até a actualidade, a pedra foi unha gran aliada da nosa vida” e engadiu que “cómpre apreciar esta herdanza e a quen, como Manolo Paz, a recibe e nola transmite multiplicada en valor e calidade estética.” Finalmente, o titular de Cultura cualificou esta nova publicación como “imprescindible” para os interesados no escultor “polo equilibrio do seu conxunto”, de xeito que “fondo e forma, temática e análise rozan nesta obra a excelencia.”
Así mesmo, o conselleiro destacou que “desde as primeiras pegadas paleolíticas até a actualidade, a pedra foi unha gran aliada da nosa vida” e engadiu que “cómpre apreciar esta herdanza e a quen, como Manolo Paz, a recibe e nola transmite multiplicada en valor e calidade estética.” Finalmente, o titular de Cultura cualificou esta nova publicación como “imprescindible” para os interesados no escultor “polo equilibrio do seu conxunto”, de xeito que “fondo e forma, temática e análise rozan nesta obra a excelencia.”
A publicación está conformada por arredor de noventa imaxes das pezas de Manolo Paz e os espazos da Fundación e o Museo. Xunto a información gráfica, recolle extractos de textos especializados sobre a obra de Manolo Paz de David Barro, Elena Vozmediano, Fernando Castro Flórez, José Guirao Cabrera, José Jiménez, Javier Montero, Álvaro Negro e Bernardo Pinto de Almeida.
No acto participaron tamén Manolo Paz; o editor da Revista Dardo, David Barro; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o concelleiro de Ensino, Patrimonio, Cultura, Deporte e Normalización lingüística de Cambados, e a directora da Fundación Manolo Paz e coordinadora da obra, Julia García Escudeiro.
Ferramenta de promoción
O libro Fundación Manolo Paz. Arte contemporánea, promovido pola Fundación e editada por Dardo coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pretende ser unha ferramenta útil para os visitantes do espazo desta institución cultural e para todos aqueles interesados no coñecemento da obra deste artista, un dos máis representativos dentro do marco da historia da arte galega e peninsular nas últimas décadas.
A publicación permite prolongar a visita a unha das institucións privadas máis senlleiras dentro do panorama artístico galego, a Fundación Manolo Paz. E, ao mesmo tempo, complementa a información da visita ao espazo museístico a través de fotografías e textos de especialistas que exploran a obra do artista de Cambados desde múltiples perspectivas.
Así mesmo, esta monografía levará o coñecemento do traballo da Fundación e da obra de Manolo Paz alén das nosas fronteiras. Esta publicación, con contidos en galego, castelán e inglés, permitirá a difusión da plástica de Manolo Paz tanto entre estudosos da arte contemporánea e coleccionistas, como entre amantes da arte e persoas interesadas na cultura en xeral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.