Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de octubre de 2016

RAFAEL LOUZÁN QUENTARÁ O BANQUIÑO NO XULGADO DE CAMBADOS







CEDIDA



O diario El País avanzaba onte a noticia da citación do actual Presidente da F.G.F., para que compareza na fase de "quecemento" previo ao xuízo que lle espera en Cambados, por un presunto delito de suborno. A non ser que circunstancias de última hora impídano, o vindeiro mércores 26 de Outubro pode dar comezo un proceso que demostra unha vez mais a falsidade dos políticos que certamente nos merecemos, os que nos contan que os imputados/investigados serán apartados de forma fulminante. Pero Louzán non o deixaba?... Sí, pero non. Non consta de onde saca o tempo, xa que cada día vémolo en varios actos relacionados coa Federación, pero está a cobrar a bonita cifra de 3.000 + ou - €uros mensuais polo seu traballo? na Deputación. Unha cantidade que deixaría de percibir se é condenado, sen esquecer que tería que deixar o seu cargo na F.G.F,  Ademais, se sae vivo desta, a Operación Patos tamén lle espera como un compoñente de Presuntos Implicados. !Que pouco cambiamos!.


/http://barbadasbase.blogspot.com.es/








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.