Mañán luns 17 de outubro desde as 19:00hrs e por espazo de duas horas celebrarase un curso de fotografía encamiñado a empresarios do sector téxtil, calzado, xoiería e complementos)
OBXECTIVO
Desde os últimos anos en España a venda online do sector textil e en xeral do sector moda (calzado,
xoiería/bisutería, accesorios) veu crecendo a un
paso acelerado. Isto trouxo como consecuencia que o cliente está máis maduro, sabe cando e en que
momento benefícialle realizar unha compra online no canto
dunha compra tradicional no comercio offline.
Aquí entra en xogo a fotografía e últimamente o vídeo do produto, sendo as ferramentas que temos ao
alcance para poder ofrecer información visual aos
clientes potenciais.
Hai que concienciarse de que unha parte importante á hora de montar unha tenda online debe ser
destinado á fotografía e/ou vídeo de produto, xa sexa
en tempo e/ou investimento.
Por iso neste taller práctico aprenderás as cuestións básicas da túa cámara para que poidas obter as
fotos que ti queres e non as que ela faga por si soa.
Coñecerás que tipo de iluminación podes usar para fotografar os produtos e como preparar a foto
para subila a redes sociais ou a unha páxina web.
CONTIDO
• Introdución
• Coñeces a túa cámara? Simulador virtual de cámara.
• Equipo necesario: iluminación, fondo, e/ou cubo de luz.
• Técnicas de fotografía no sector Moda.
• Para a práctica tomar en conta o seguinte:
o É indispensable o uso dunha cámara digital que teña o modo manual. Cada participante pode traer unha peza, xa sexa roupa (coa súa percha) ou calzado.
Si alguén quere levar un maniquí tamén é aceptable.
o En caso de non dispoñer de cámara digital pódese aceptar o uso do móbil, a condición
de que a cámara deste sexa de máis de 10 megapíxeles. E ter descargado a aplicación
Camera Zoon FX (para Android) ou Camera (para iOS).
o Edición e preparación da foto para subila a internet.
Para inscribirse aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.