Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de septiembre de 2016

PROTECCIÓN CIVIL DE CAMBADOS CONTA CON DOUS TRAXES PARA LOITAR CONTRA A AVESPA VELUTINA







Imaxe: Faro de Vigo

Protección Civil de Cambados ten a súa disposición dous traxes para retirar niños de avispa velutina. A Xunta de Galicia enviou dous traxes de apicultor específicos para este insecto á agrupación, de modo que os seus voluntarios poderán atender as peticións que se lles realicen desde a central que coordina a loita contra a avispa asiática.

Súmanse así a agrupacións como a de Vilagarcía ou o Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Valga. Outra das agrupacións de voluntarios que están a facer retiradas é a de Ribadumia.

Os responsables das agrupacións de Protección Civil do Salnés destacaron este verán que o número de niños retirados aumentou con respecto a 2015. Ademais, sinalan que son de maior tamaño. Por iso, inciden na necesidade da prevención, actuando durante o inverno e a primavera.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.