Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de septiembre de 2016

OUTRA MENTIRA DO PP DE CAMBADOS









O PP non perde os vellos costumes.

Cando gobernaban en Cambados os éxitos en relación as baixadas do paro eran do equipo de Luís Aragunde pero agora que non goberna, a baixada quérenlla atribuir a Feijóo e compañía. Eso si o aumento do paro a nivel do Estado español é culpa da inestabilidade do país. Cando baixaba o paro era porque as políticas de Mariano Rajoy eran as "correctas". "Quen non se contenta é porque non quere".

Pero resulta que aos "trampóns" descúbrense pronto.

Para presumir de datos "maravillosos" e non dar méritos máis que a eles mesmos destacan que en Cambados baixou o paro en 81 persoas, cando é totalmente falso. Ogallá foran non 81, senón 810, pero a realidade é que en Cambados o paro baixou en Cambados en so 16 persoas, como indican os datos da propia Xunta de Galicia e que podedes ver no táboa superior e tal e como reflexan os xornais hoxe.



Como vedes na imaxen lateral o PP saca peito de datos falsos e as suas páxinas amigas no facebook fanse eco coa sua alegría habitual amosando que non lles interesa a verdade cando se trata de defender ao Partido Popular. 

Desde logo o que puxo estes datos aparte de enganarse el mesmo engana ao pobo de Cambados, algo habitual neste partido.

A esto chámaselle política de mentiras!!!!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.