Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de septiembre de 2016

EXCELENTE OCUPACIÓN HOTELEIRA NA PROVINCIA ESTE VERÁN









Os datos do mes de agosto sitúan a ocupación hoteleira na provincia no 89,2%. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, manifestou que as cifras acadadas confirman un dos mellores veráns da historia, cinco puntos por riba das estimacións previstas. Tamén destacou a ocupación dos establecementos de turismo rural, cunha ocupación de máis do 84%, trece puntos por riba do estimado. Os datos corroboran as boas cifras do mes de xullo e segundo a enquisa do INE, as Rías Baixas son un dos destinos máis demandados en España, en concreto constitúen a quinta área turística. 
Dende Turismo Rías Baixas, á vista das cifras de xullo e agosto,agárdase tamén un bo mes de setembro, cunha ocupación media de entre o 56 e o 60%.

A presidenta sinalou ademais as "cifras espectaculares" acadadas nos establecementos de turismo rural, que tiveron unha ocupación de algo máis do 84%, trece puntos por enriba das estimacións que falaban do 71%. Trátase dun dato moi relevante ao igual que xa o fora no pasado mes de xullo, cando a ocupación fora do 60%.
Por comarcas, no Salnés a ocupación hoteleira en agosto foi de máis do 88%, tres puntos por enriba das estimacións que eran do 85%. A presidenta destacou a ocupación do 92% en Sanxenxo e do 87,3% no Grove, dous dos puntos que máis visitantes reciben nas Rías Baixas. 

Máis información: http://ow.ly/reDE303MNnT



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.