No dia de hoxe Protección Civil de Cambados procedeu a retirar 3 enxames de avespa asiática ou velutina, en Cambados. O último na zona de A Pastora a media tarde. Os dous primeiros na senda do Umia.
Desde que a Xubta entregou dous traxes especiales para eliminar esta praga prolifera o achado de enxames no noso pobo. Desde ese momento protección Civil colabora nas tarefas de eliminación deste insecto co 112.
A avispa asiática, Vespa velutina, orixinaria do Norte da India e posiblemente procedente do sueste asiático, é considerada un perigoso inimigo para a abellas. Ademais de ser depredadores das abellas e doutras especies de insectos polinizadores, tamén pon en perigo a diversidade de especies e a produción agraria (froiteiras).
Foi detectada en Francia no ano 2004 nas proximidades de Bordeus, onde ao parecer entrou a través do comercio marítimo nun barco cuxa mercadoría procedía de Yunnan (China).
A finais de 2010 pasou a fronteira identificándose xa a súa presenza en Gipuzkoa e Navarra. As condicións climáticas da zona asiática de onde esta especie é orixinaria parecen ser similares ás do sur do continente europeo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.