Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de agosto de 2016

O AROUSÁN GUSTAVO CÉSAR VELOSO QUEDA 2º NA VOLTA A PORTUGAL














O ciclista arousán gaña a última etapa contra o reloxo, a terceira vitoria parcial da Volta a Portugal, pero queda segundo na clasificación xeral a 1:31 de Rui Vinhas, o seu compañeiro no W52-FC Porto.

Non foi dabondo. Gustavo César Veloso non puido repetir a vitoria na Volta a Portugal, que tería sido a terceira consecutiva, e quedou segundo na xeral por detrás do seu compañeiro no W52-FC Porto, Rui Vinhas, que entrou nunha fuga na terceira etapa e puido, coa axuda do seu equipo, moi superior ao resto, manter a camisola amarela ata Lisboa, onde realizou unha moi boa crono na última tirada.
Non puido Veloso aproveitar a superioridade amosada en toda a Volta. O ciclista arousán viu reducidas as súas opcións polo amarelo de Rui Vinhas, que lle obrigou a manterse no pelotón nas etapas de montaña para non prexudicar o liderado do seu compañeiro, agardando ata o último quilómetro para saltar a pola vitoria de etapa. Veloso sumou tres, por ningunha Rui Vinhas.
Gustavo César Veloso, como no 2015, gañou con autoridade a crono, cun tempo de 40:46 e con 46 segundos de vantaxe sobre o segundo, Raúl Alarcón. Pero o amarelo deu alas a Rui Vinhas, que fixo a contrarreloxo da súa vida e entrou cuarto na liña de meta, a tan só 54 segundas do ciclista galego, que estaba obrigado a remontar 2:25. Unha mágoa. Veloso, de 36 anos, vencedor da camisola verde da clasificación por puntos, terá que agardar ata o 2017 para acadar a súa terceira Grandíssima.
10ª etapa
Gustavo Veloso, segundo no podio final.


1.    Gustavo Veloso (W52-FC Porto) 40:46
2.    Raúl Alarcón (W52-FC Porto), a 46s
3.    Daniel Silva (R.Popular-Boavista), a 49 s
4.    Rui Vinhas (W52-FC Porto), a 54s
5.    Ricardo Mestre (W52-FC Porto), a 1:28


Clasificación xeral
1.    Rui Vinhas (W52-FC Porto) 40h:57:56
2.    Gustavo Veloso (W52-FC Porto), a 1:31
3.    Daniel Silva (R.Popular-Boavista), a 2:49
4.    Raúl Alarcón (W52-FC Porto), a 3:30
5.    Joni Brandao (Efapel), a 3:54



“Teño sentimentos agridoces: por un lado fico ledo polo Vinhas e fico ledo porque o triunfo ficou na equipa, pero triste por ser o máis forte e non poder gañar a Volta”, recoñecía Veloso. Foi sen dúbida o máis forte na 78ª edición da Volta a Portugal, á que chegaba como gran favorito. Gañou ata tres etapas: alto de Senhora da Graça, a etapa raíña na Guarda e a última tirada contra o reloxo con chegada en Lisboa.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.