Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de agosto de 2016

FEIRA DE OPORTUNIDADES ESTA FIN DE SEMANA













Preto de 500 metros cadrados de expositores cubrirán desde o sábado 13 e ata o luns 15 o paseo da Calzada a 10ª Feira de Oportunidades de Cambados. Os comerciantes tomarán o relevo ós participantes na Festa do Albariño para instalar as casetas que este ano compoñen a Feira, ademais dunha carpa de 10 metros.

No paseo da Calzada poderemos atopar moda xove, moda infantil, señora, cabaleiro, calzado, deportes, electrodomésticos que estarán abertos ó público en horario ininterrompido de 11 da mañá a 11 da noite.
Serán en total mais de 500 metros cadrados de exposición, repartidos nun total de case 30 expositores, dos que a maioría deles son de Cambados, polo que se da cumprimento ó disposto na lei de comercio interior de Galicia, que sinala que ó menos 2/3 sexan do propio concello.
Contaremos deste xeito con 3 días de oportunidades, con descontos de ata o 60 e o 70 %, polo que tódolos nosos visitantes poderán realizar as súas compras a moi bos prezos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.