A Deputación de Pontevedra ven de convocar 400 bolsas de práctica laboral para titulados e tituladas universitarias e en formación profesional que non teñan experiencia laboral previa no seu ámbito. Este programa ten por finalidade completar a súa formación para facilitarlles a incorporación ao mercado laboral.
Para participar deben ter finalizados os estudos obxecto da bolsa con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2005 e constar como demandantes de traballo no Servizo Público de Emprego. Para solicitalas será preciso realizar unha preinscripción a través da web da deputación de Pontevedra www.depo.es
O prazo de presentación de solicitudes é do 11 ao 30 de agosto
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.