APROBACIÓN INICIAL DO EXPEDIENTE DE NORMALIZACIÓN DE FINCAS SITAS NA RÚA DO CASTRO (EXPTE.: NF 01/2016)
Normalización de fincas. Expediente: NF 01/2016
A Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 10 de febreiro de 2016, acordou por delegación da alcaldía de 29 de xuño de 2015, e por unanimidade dos membros presentes acordou aprobar inicialmente o expediente de normalización de fincas sitas na Rúa O Castro á que lle é de aplicación a Ordenanza 1 das NN.SS.MM de Cambados en base á memoria redactada por D. Antonio Espinosa Murias. O que se somete dacordo co previsto nos artigos 108 e 120.1 do real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de Xestión Urbanística para o desenrolo e aplicación da Lei sobre réxime do Solo e Ordenación Urbana a información pública polo prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
O expediente: NF 01/2016 estará dispoñible na secretaría do Concello para a súa consulta en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres e de 9:00 a 13:00 horas os sábados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.