Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de junio de 2016

O VINDEIRO LUNS AMPEZAN AS ACTIVIDADES NAS LUDOTECAS DO CONCELLO










A ciencia é divertida!
Biblioteca Municipal Luís Rei

O vindeiro luns 4 de xullo a Biblioteca Municipal Luís Rei da a benvida ás actividades de verán unha sesión gratuíta de achegamento á ciencia para os máis pequenos da casa.
Trátase dun obradoiro que leva por nome A ciencia é divertida!, impartido por por Ana Romero e enmarcado dentro do programa Ler conta Moito. Realizarase no paseo da Calzada, en Exposalnés. Haberá dúas quendas: de 11.00 a 12.00 horas será o turno dos rapaces de 1º e 2º de primaria, e de 12.15 a 13.00 horas tocaralles aos nenos e nenas de 3 a 5 anos.
Nos primeiros anos de vida movémonos pola curiosidade. Por iso é esencial aproveitar todos os momentos para que os máis pequenos aprendan da forma máis divertida. A ciencia está presente na nosa vida e os nenos e as nenas aínda o están descubrindo. Deixémoslles experimentar!
Dende a Biblioteca animan a todos os pais e nais a inscribirse nesta interesante iniciativa. O prazo xa está aberto,  e teñen de prazo ata este venres 1 de xullo, no horario de apertura da biblioteca (de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas) ou chamando ao 986 520 008.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.