Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de junio de 2016

EVA VILAVERDE RESPOSTA AO REFUGIO DE ANIMALES DE CAMBADOS











A deputada responsable do CAAN, Eva Vilaverde, manifesta o seu profundo malestar pola falta de responsabilidade da presidenta da protectora de Cambados tras acusar de maltrato animal ao centro de acollida provincial. Vilaverde asegura que "é un xeito gratuíto de crear alarma social, posto que como membro dunha protectora presupóñolle coñecemento dos protocolos e polo tanto está na obriga de saber que o procedemento se realizou correctamente." A deputada lamenta especialmente o dano que estas manifestacións causan na opinión pública e engade que "o único que conseguen é poñer en cuestión o funcionamento dos centros de acollida de animais e as canceiras en xeral". Ademais, Eva Vilaverde aproveita para recomendarlle á presidenta da protectora que "centre os seus esforzos en traballar a prol do benestar real dos animais, e na dirección máis proveitosa para o conxunto da cidadanía, que non é outra que a de promover a educación e sensibilización da sociedade sobre o abandono e a adopción". Precisamente na mañá de hoxe, Eva Vilaverde participou, no CEIP Mallón de Nigrán, nunha sesión didáctica sobre terapias para alumando con necesidades específicas realizadas con un can adoptado no CAAN, para concienciar sobre a necesidade de que os animais do centro de acollida teñan unha segunda oportunidade e sexan valorados pola sociedade.
A deputada realiza estas declaracións despois de que a presidenta da protectora de Cambados asegurase que o CAAN lles entregou un can adulto cunha infección bronquial respiratoria. O que realmente aconteceu, e así está rexistrado e documentado nos informes veterinarios do CAAN, é que o animal foi vacinado no mesmo día no que foi adoptado e isto produce que presente ata tres semanas despois da vacinación anticorpos do que comunmente se coñece como a "enfermidade do moquillo". A data de vacinación foille facilitada documentalmente ao adoptante, un voluntario do refuxio de Cambados. Cabe engadir que o veterinario da propia protectora tamén recolle no seu informe que os síntomas que presenta o can "non son concluíntes xa que podería haber interferencia coa vacina que lle administraron ao can ese mesmo día, segundo consta na documentación que acompaña ao can" [extracto do informe veterinario que a propia protectora colgou no seu blog]
O can adoptado polo voluntario do refuxio de Cambados é un can duns 10 anos que foi recollido na Illa de Arousa o 3 de marzo deste ano. Á súa entrada no CAAN fíxoselle unha revisión veterinaria e diagnosticóuselle unha infección de oídos causada por otodectes (un parásito), que foi tratada ata a data da súa curación, o 17 de marzo. O mesmo día 3, tamén foi desparasitado interna e externamente. O día 30 de marzo foi adoptado, sento desparasitado novamente interna e externamente e tamén vacinado. Na saída do centro fíxoselle unha revisión veterinaria e non presentou sintomatoloxía compatible coa enfermidade descrita na denuncia da protectora.
Todo o anterior pon de manifesto que o can foi correctamente vacinado -segundo conforma ademais o pasaporte sanitario entregado ao adoptante -respectando os prazos que establecen os protocolos para a vacinación dun can adulto coma este que estivera tratado días antes dun proceso infeccioso que lle afectaba aos oídos. O equipo técnico do CAAN realiza o seu traballo conforme aos protocolos establecidos na normativa e que son supervisados no propio centro de xeito periódico polos inspectores da Xunta de Galicia, que velan polo benestar dos animais – levando a cabo, entre outras actuacións, protocolos de salubridade e analíticas completas para determinar o seu estado de saúde-.
No caso que nos ocupa, de ser certa a existencia da enfermidade no can adoptado, o propio adoptante tería incumprido de xeito intencionado o contrato de adopción, que o obriga a comunicar calquera incidencia acontecida co animal ou cambio de titularidade. Tampouco podería cualificarse como responsable e profesional a actuación da protectora de Cambados que sospeitando dun brote dunha enfermidade infecciosa altamente contaxiosa -como a propia presidenta declara- decidiu non comunicarllo ao CAAN e aos seus veterinarios para poñelos en sobre aviso e evitar posibles consecuencias sobre os animais e a súa saúde.
Protocolo de medicina preventiva
O Centro de Acollida e Protección Animal de Armenteira conta cun protocolo de atención específico de medicina preventiva, establecendo unha pauta de desparasitación e vacinación completa que permite previr a aparición de enfermidades infecciosas. Dentro deste procedemento inclúese a realización de probas específicas que permitan establecer diagnósticos diferenciais ante a aparición de enfermidades no centro, dirixidas a establecer un diagnóstico concreto e realizar o tratamento específico da enfermidade.
Así, por exemplo, ante a aparición dun proceso respiratorio en cachorros producido durante o mes de marzo realizouse un diagnóstico diferencial que incluía a determinación en laboratorio externo de anticorpos de distemper canino (moquillo), obtendo resultados negativos- xuntamos analítica- así como outras probas clínicas, como cultivos, que permitiron concretar o axente bacteriano causante dos síntomas, así como o antibiótico específico que debería ser  utilizado no seu tratamento. Mostra diso a evolución clínica favorable do grupo de animais.
Neste sentido, cabe aclarar que no CAAN os animais que presenten sintomatoloxía de enfermidade non son susceptibles de adopción, indicando sempre aos interesados que a adopción non se poderá realizar ata a curación e finalización de tratamento. Sinalar, así mesmo, que os pasaportes sanitarios expedidos a todos os animais adoptados no centro indican as pautas de desparasitación e vacinación utilizadas que se corresponden coas que recolle o programa sanitario do centro, aprobado pola Consellería de Medio Ambiente. Ademais dos pasaportes sanitarios, entrégaselles información de relevancia para o propietario e as indicacións para que os animais sexan revisados e controlados polo seu veterinario, tamén unha vez que saen do centro de acollida. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.