Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de junio de 2016

ACTIVIDADES DE VERÁN DO CONCELLO













A Biblioteca Municipal Luís Rei ten xa preparada unha completa programación de actividades infantís que este verán terá lugar entre os meses de xullo e agosto.


O obxectivo das mesmas é axudar ás familias cambadesas na conciliación da vida familiar e laboral, ofertando á vez, propostas divertidas e didácticas para os rapaces durante as vacacións. Trátase dun nutrido abano de obradoiros e xogos que se desenvolverán polas mañás, de 10.30 a 13.30 horas, de luns a venres, para nenos a partir de primeiro de primaria.  



Como vén sendo habitual haberá actividades gratuítas relacionadas coas novas tecnoloxías, “EnREDamos cos ordenadores”, para que os nenos se divirtan á vez que amplían os seus coñecementos na informática, a internet e a mecanografía. Tamén haberá obradoiros para o achegamento ás linguas inglesa (“English and fun!”) e francesa (“Français pour les petites”). Do mesmo xeito, con “Repasamos no verán”, tamén haberá tempo para o repaso e o apoio escolar. Co obradoiro “L-emos!” dinamizarase o hábito á lectura en papel e coas novas tecnoloxías, para lectores principiantes, todavía coa “L”. Outra aposta importante será pola creatividade nos traballos manuais, empregando diferentes técnicas “Creamos cas mans!”


Ademáis ofertarase a seguinte actividade subvencionada grazas ao programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia:


-Obradoiro A ciencia é divertida!, o 4 de xullo, para descubrir o lado más lúdico da ciencia aos máis pequenos da casa. Realizarase no Paseo a da Calzada e en Exposalnés e farase en dúas quendas, para rapaces de 3 a 5 anos e para rapaces de 1º  e 2º.


Para ampliar a oferta, tamén se propoñen os seguintes obradoiros de pago (cun pequeno custo):


Algúns se manteñen dende hai anos, dada a boa acollida cada verán:
-O de Xadrez, os venres.
-E o xa clásico de cociña, “Pequechefs de conto!” con receitas baseadas nos contos, que se realizará na aula de catas do Salón de J. Peña durante os martes de xullo e agosto.
-Este ano súmase, ás propostas de biblioteca, a pintora afincada en Cambados, Emérita Méndez, que levará a cabo todos os martes un obradoiro de pintura creativa.


Tamén se volverá a realizar “A Biblioteca Viaxeira”, trátase dunha serie de actividades e saídas, coas que a biblioteca deixa o seu espazo habitual para dar a coñecer diferentes entornos e persoeiros destacados da vila ou da comarca:
-Así o 1 de agosto realizarase unha “Xornada de difusión da cultura marítima” na que os rapaces coñecerán a Isidro e o seu barco tradicional O Chasula, e do mesmo xeito gozarán dunha mañá en San Tomé con mozos que están a recuperar dornas e con experimentados mariñeiros do barrio.
-O 8 de agosto terá lugar a visita á Exposición de Fotografía de Manuel Vilariño, no Pazo Torrado para coñecer a obra deste artista, Premio Nacional.
-O 22 de agosto faremos, en colaboración coa SEO BirdLife de Pontevedra, un Avistamento de aves pola beira sur do esteiro do río Umia.
-O 29 de agosto, e coincidindo coa celebración do Día Internacional da Solidariedade, faremos unha Xornada de convivencia cos voluntarios de Cruz Vermella.

As inscricións para estas actividades realizaranse do luns 27 de xuño ao 1 de xullo. Os interesados poden achegarse pola mañá en horario de 10.00 a 14.00 horas. As prazas son limitadas e a inscrición realizarase por rigorosa orde de chegada.


Así mesmo recordade que nas diferentes casas de cultura de Corvillón, Castrelo, Vilariño e Oubiña, os técnicos de cultura do Concello desenvolverán actividades semellantes durante as referidas datas de xullo e agosto.


Dende a Concellería de Ensino, Patrimonio e Cultura do Concello de Cambados, o seu responsable Víctor Caamaño anima a todos os nenos e nenas da vila a apuntarse para gozar dun verán entre libros e diversión.


Para máis información poden contactar co persoal do Departamento de Cultura no teléfono 986 520 008, ou no 986 520 902 ext. 764 e 765.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.