Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de mayo de 2016

FRACASO NA REVÁLIDA DE 6º DE PRIMARIA







O 90% dos centros e o 60% por cento do alumnado de 6º de Educación Primaria participaron hoxe con normalidade na primeira xornada da avaliación final de Primaria que se establece por primeira vez este ano. Estas porcentaxes son estimacións provisionais segundo os datos facilitados polos equipos directivos e a inspección educativa, unha vez recompilada a información ao respecto centro por centro.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, cualificou de “moi razoables” estes datos, máxime tendo en conta o escenario “de tensión e os chamamentos constantes ao boicot e á insubmisión” por parte de algunhas organizacións durante as últimas semanas; e celebrou que finalmente prevalecera o “sentido común” das familias, que maioritariamente enviaron aos seus fillos e fillas aos centros escolares con total normalidade.
Pola contra, pais, educadores e sindicatos rebaixan esas cifras e consideran un fracaso "os derradeiros intentos da Xunta por convencer a todos das bondades dunha proba que de ser voluntaria e anónima requira aos alumnos por o nome e apelidos nas probas."




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.