Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de mayo de 2016

DOUS MARIÑEIROS FERIDOS AO IR A DERIVA A SUA PLANEADORA






Arquivo


Unha planeadora duns seis metros de eslora foi localizada esta madrugada á deriva nun polígono de bateas en Vilanova. As dúas persoas que iban a bordo apareceron pouco máis tarde e estaba feridas. 
Segundo informa o 112 foron trasladadas por outra embarcación que saíu ao rescate ata o Porto de Rianxo, onde lles agardaba unha ambulancia de Urxencias Médicas. Un dos tripulantes presentaba unha ferida nunha perna. Un familiar pediu axuda ao persoal do 112 Galicia uns minutos antes das dúas da madrugada. Dicía que os dous tripulantes saíran coa embarcación sobre as dez da noite e xa deberían estar de volta. Os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia e ás forzas da orde, pero pouco despois, tanto a embarcación como os dous tripulantes foron localizados por outros mariñeiros que saíran á busca. 








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.