Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de mayo de 2016

CONSTITUÍDAS AS XUNTAS ELECTORAIS DE ZONA E DA PROVINCIA










Resultado de imagen de xunta electoral de cambados



XUNTA ELECTORAL DE ZONA DE CAMBADOS

O pasado dia 6 de maio a Secretaria Xudicial do Xulgado Decano de Cambados, Dª BENITA MARÍA GÁNDARA VALIJE  convocou á constitución da Xunta Electoral de Zona da demarcación en cumprimento dos disposto polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no escrito recibido o 03/05/2016 e de acordo co artigo 14 da LOREG, dando por enterados todos os convocados.

ACTA DE CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

No día de hoxe procédese, previa convocatoria pola Letrada da Administración de Xustiza do Xulgado Decano dos vogais xudiciais designados polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na súa reunión de data 3 de maio de 2016, dona Sonia Rey Salgueiro, dona Laura Fernández Carballo e dona María José Caramés Branco, xuíces dos Xulgados de Primeira Instancia e Instrución números 1,2 e 3 de Cambados, respectivamente, coa miña asistencia como Letrada da Administración de Xustiza do Xulgado Decano de Cambados, dona Benita María Gándara Valije, a constituír a Xunta Electoral De Zona de Cambados, de conformidade co artigo 14 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral, dentro do prazo legal.

Feita a votación dos membros da Xunta Electoral resulta elixida por unanimidade como Presidente dona Sonia Rey Salgueiro, de acordo co previsto nos artigos 11.2 e 14.3 da LOREG.

Polo Presidente acórdase o envío da comunicación da constitución da Xunta ao Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, á Xunta Electoral Provincial e á Subdelegación do Goberno e a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, para os efectos previstos no artigo 14.3 da LOREG.

Acórdase que as comunicación para as reunións da presente Xunta fáganse polo Secretario da Xunta por vía directa, telefónica, telemática ou por calquera medio, deixando constancia por dilixencia e permítese que as reunións da Xunta Electoral sexan efectuadas a través de todos os medios telemáticos, informáticos, telefónicos, electrónicos e calquera outros que permitan a comunicación dos membros da Xunta.

Acórdase achegar á devandita acta a designación de vogais xudiciais efectuada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.


Xunto coa de Cambados quedaron constituídas o resto das Xuntas Electorais de Zona e da provincia.

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

CONSTITUCIÓN XUNTA ELECTORAL DE ZONA DA ESTRADA

CONSTITUCIÓN XUNTA ELECTORAL DE ZONA DE PONTEVEDRA

CONSTITUCIÓN XUNTA ELECTORAL DE ZONA DE TUI

CONSTITUCIÓN ELECTORAL ZONA DE VIGO







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.