O número de parados baixou en Galicia en 3.644 persoas en abrilrespecto a marzo, ata un total de 228.153. O descenso intermensual na comunidade galega foi do 1,57%, algo inferior ao 2,04% da media estatal. En relación con abril de 2015, na comunidade autónoma hai 16.608 parados menos, o que representa unha caída interanual do 6,79%.
No conxunto de España, o número de desempregados baixou en abril en 83.599 persoas, un 2,04% menos, e sitúase en 4.011.171, a cifra total de desempregados máis baixa desde agosto de 2010.
Segundo os datos publicados polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, nos últimos 12 meses o número de desempregados baixou en 321.845 persoas, polo que o ritmo interanual de redución do paro rexistrado colocouse en abril no 7,5%.
O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou na provincia de Pontevedra en 1.429 desempregados menos.
Os bos datos galegos van parellos aos estatais: no conxunto español a cifra de desempregados viuse diminuída en 83.599 persoas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.