A proba, datada dende decembro, desenrolarase polo centro de Cambados o dia 18 de xuño desde as 17hrs.
NATACIÓN: 1 VOLTA - 750 m Discorrerá dende as inmediacións do illote de San Sadurniño con saída na auga sobre un percorrido balizado ata a Praia pasando por debaixo do espigón do muelle de Santo Tomé.
A saída estará situada a 400m da transición.
CICLISMO: 4 VOLTAS - 20 Km O inicio da proba farase saíndo do muelle de Santo Tomé pola Alameda de Santo Tomé para continuar pola Avenida de Galicia, Ribeira de Fefiñáns e Beiramar chegando ó Porto de Tragove onde será o punto de retorno, volvendo polo mesmo percorrido ata a zona de transición onde se cumpre unha volta. Na cuarta volta entrarase de novo na transición. Percorrido de dureza baixa e pouco técnico.
CARREIRA A PÉ: 2 VOLTAS - 5 KM O inicio da proba farase dende a transición, situada na escalinata do muelle de Santo Tomé seguindo o paseo Marítimo ata o punto de retorno que estará situado aproximadamente no comezo do muelle de Tragove volvendo polo mesmo paseo ata a zona de partida completando así unha volta. Na segunda volta os corredores entrarán na meta.
Percorrido de dureza baixa.
A proba está limitada á participación de 200 participantes por orden de inscrición.
Inscricións: Ata o martes día 14 de xuño.
REGULAMENTO
A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org , no apartado Competicións/Inscricións.
O Club Triatlon Corbelo vai sortear duas inscripcions para o Triatlon de Sanxenxo entre os participantes do Triatlon Popular de Cambados
Preme nas imaxes para ver o percorrido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.