Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de abril de 2016

MÁIS DE 20 ANOS DE CONDENA PARA AS ASASINAS DO CAMBADES SECUNDINO PREGO









A Audiencia de Pontevedra condena a 22 anos de prisión a Albertina Táboas e reduce a 20 anos e medio a outra acusada Rocío Gondar, por apreciarse nela a atenuante de confesión e colaboración coa xustiza para o esclarecemento do crime.

As mulleres asasinaron ao cambadés residente en Poio Secundino Prego.

A sentenza considera probado que as dúas mulleres, entre as 22.15 e as 23.50 horas do 2 de febreiro de 2014, "de común acordo" asaltaron a vítima no camiño de acceso á súa casa en Chancelas. Ambas golpearon repetidamente o ancián cunha tixola, co seu bastón e cunha pedra, provocándolle un "gran sufrimento" ata matalo.

A maxistrada continúa segurando que Albertina Táboas, herdeira universal, planeou a morte do home para quedarse coa herdanza "ante o temor de que puidera revogar o testamento" e que ofreceu unha cantidade de cartos a Rocío, aceptada por esta, como recompensa para que lle axudara a matalo. E que as dúas tentaron encubrilo finxindo ser vítimas dun roubo.
Ademais, Albertina non poderá residir en Poio nin ir a Chancelas durante 27 anos a contar tras a súa saída de prisión. E 25 anos no caso de Rocío.
Ambas mulleres terán que indemnizar con 80.000 euros os dous fillos de Secundino.
A sentenza conclúe decretando a nulidade da cláusula incluída no testamento da vítima pola que Albertina se convertera en herdeira universal, xa que a maxistrada asegura que a "verdadeira intención da muller era soamente herdar os bens" e non coidar de Secundino e "planeou matalo".








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.