Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de abril de 2016

AXENDA CULTURAL, DEPORTIVA E SOLIDARIA PARA ESTA FIN DE SEMANA










"OCÉANO PARA TERRÍCOLAS", PERFORMANCE INTERACTIVA DE XURXO SOUTO"



Neste espectáculo radicalmente interactivo, porque os asistentes coñecen e, inmediatamente, interpretan cancións que naceron no Gran Sol e Terranova. Corpus sonoro da Galiza do mar que, por fin, comeza a arribar a porto.
Até o momento ten realizado unhas oitenta representacións por diferentes lugares do país, dende a ribeira á montaña. Tamén en xeografías máis distantes como Lisboa, Bruxelas ou Barcelona.
Venres 22 de abril, ás 20.30 horas nos salóns da Confraría de Cambados

       TALLER DE GALICIAME


Desde GALICIAME queren seguir aprendendo e axudando ás familias por iso poñen en marcha o segundo curso dirixido a PAIS/NAIS E  COIDADORES de afectados por enfermidades neuromusculares.
O sábado 23 de Abril en Exposalnés en Cambados.
IMPRESCINDIBLE ANOTARSE a travès de email laradesaa@gmail.com ou asociaciongaliciame@gmail.com
Impartido por Lara De Saa Igrexas fisioterapeuta especializada en neuroloxía infantil.



XXVII Maratón Popular de Oubiña, Cambados
Memorial Manuel Mariño
Data: domingo, 24 de abril de 2016.
Hora: 11:30 h.
Lugar: Oubiña, Cambados.
Distancia: de 1 a 10 km.
Organiza: Asociación de Veciños de Oubiña.
Inscrición: a través do correo as.oubinha@gmail.com ou dende 1 hora antes do comenzo da carreria no centro cultural Manuel Mariño Castro de Oubiña.




Andaina solidaria a prol do colexio AMENCER Aspace o vindeiro domingo 24 en Vilariño (Cambados) a partires das 16:00h. A saída será desde o Campo da Festa desta parroquia cambadesa. Haberá música e a aportación é libre para cada persoa.


20.00 h. No Auditorio Municipal, Teatro no Garaxe “O achado do Castro”. De balde ata completar aforamento.

A compañía de teatro cambadesa “No Garaxe” que a partir das 19.00 horas porá en escena “O achado do Castro” de Manuel Núñez Singala. Teatro no Garaxe naceu da desaparecida Escola Municipal de Teatro de Cambados. Este grupo afeccionado, pero xa con taboas dabondo, dará vida este domingo a unha comedia na que o humor o é todo. 













No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.