As ameazas dos traballadores do parque de maquinaria da Deputación exténdense aos seus compañeiros da Deputación. Na mañá de hoxe o domicilio familiar do coordinador das brigadas provinciais apareceu cheo de pintadas acusándoo de "chivato", "cacero" e "corudo". Os autores, ademais de facer burla do seu apelido, deixáronlle as rodas do coche sen aire e anunciaron c0n un ‘grafiti' nunha parede a intención de levar adiante máis intimidacións: "mañana más".
Se nos últimos as pintadas eran contra o vicepresidente Mosquera, agora o conflito do parque de maquinaria ten consecuencias para o funcionario interino Jose Luis Galiñanes, responsable da coordinación das brigadas que se encargan do mantemento das vías provinciais. Estas brigadas traballaban ata fai pouco de xeito independente ao parque de maquinaria, que unicamente executaba asfaltados e outras actuacións en vías municipais. A día de hoxe o traballo está organizado para que a maquinaria do parque se ocupe xunto coas brigadas das necesidades das vías provinciais e o funcionario ameazado é o que dirixe as actuacións dos grupos conxuntos de persoal.
Hai que lembrar que a folga e as protestas do plantel do parque de maquinaria xorde pola intención do novo goberno da Deputación de organizar de xeito eficiente o traballo e de equiparar os conceptos retributivos entre os funcionarios de igual categoría, limitando o cobro de dietas e quilometraxe ao que se poida xustificar con documentos.
Os insultos e ameazas persoais contra un compañeiro e o vicepresidente Mosquera supoñen un paso máis alá na radicalización da situación, o que motiva que, como xa anunciou hoxe a presidenta, o Goberno da Deputación estude a fórmula para iniciar as vías legais que defendan a súa integridade. Sobre a autoría destas coaccións cabe destacar que no día de onte o responsable de CC OO, José Ramón Piñeiro, afirmou que se a relación cos dirixentes do Goberno provincial "segue nesta liña –non aceptar os complementos salariais requiridos- vai pasar calquera cousa grave porque non vai ser posible conter aos traballadores", argumentación que volveu a repetir no día de hoxe.
"Bota BNGAJA"
As pintadas que apareceron no contorno do domicilio do funcionario amenazado foron feitas, pola súa aparencia, por varias persoas diferentes. Podíase ler ‘Galiñáns corudo, chibato', ‘Galiñáns chivato' e ‘Galiñas cacero', facendo burla do seu apelido. Tamén había outro escrito de ameaza no que se dicía ‘Mañana más. Bota BNGAJA'.
O traballador afectado descubriunas a primeira hora da mañá, ao saír da casa para acudir ao seu posto. O seu asombro non parou aí, xa que o coche que ía coller para desprazarse a Pontevedra dende o municipio no que vive tiña as catro rodas sen aire. Coa intención de que os seus fillos pequenos non se alarmasen, a parella deste funcionario intentou tapar durante o longo da mañá parte dos grafitis, se ben se poden ler aínda sen moita dificultade.
Artigo de Pontevedra Viva relacionado
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.