Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de abril de 2016

A FIGURA DE VALLE INCLÁN RECORRERÁ TODA GALICIA












A Escola de Teatro Valle-Innova levará a figura e a obra de Valle-Inclán polas catro provincias galegas coa iniciativa ‘A maleta do mestre’, un proxecto escénico conformado por catro montaxes teatrais que se representarán en diversos escenarios entre xullo de 2016 e outubro de 2017 e que teñen como eixo central o Valle-Inclán viaxeiro.
A iniciativa enmárcase dentro das actividades promovidas pola Fundación Valle-Inclán, coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura, para celebrar o 150º aniversario do nacemento do dramaturgo galego. Os responsables das dúas institucións, José Juan Durán e Anxo Lorenzo, respectivamente, presentaron hoxe o programa da fundación, nunha rolda de prensa que tamén contou coa participación da secretaria territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Ana Ortiz.
A proposta escénica ‘A maleta do mestre’ inclúe a performance ‘A viaxe marabillosa. Valle estético’, o espectáculo de teatro de rúa ‘Estacións valleinclanianas’, a obra teatral de corte clásico ‘Que os leve o vento’ e a visita guiada dramatizada ‘A ruta das verbas. O Salnés de Valle-Inclán’. Paradas de tren, portos e praias son algúns dos escenarios previstos para estes espectáculos, que chegarán desde o vindeiro 29 de abril aos concellos de Vilanova de Arousa, de Cambados, de Pontevedra, da Pobra do Caramiñal e de Santiago de Compostela, entre outros.
Durante os meses vindeiros, e ata mediados de 2017, este destacado dramaturgo, novelista, poeta, ensaísta e xornalista será protagonista de encontros literarios, ciclos de cine, obradoiros infantís, concertos, exposicións, xornadas gastronómicas e ficcións teatrais.
Galicia homenaxea, así, cunha extensa programación colectiva, os 150 anos do nacemento, en Vilanova de Arousa, de Ramón María de Valle-Inclán, “o mellor artista que pariu Galicia”, en palabras de Castelao. Consulta aquí e na Axenda de Cultura de Galicia as actividades para achegarse á figura deste escritor, universal e cosmopolita, considerado un dos principais autores da literatura do século XX.
Quico Cadaval achegaralles ao público xuvenil e adulto diferentes facetas biográficas de Valle-Inclán.
A programación conta con espectáculo de monicreques de Títeres Cachirulo.
As novelas de Valle-Inclán levadas ao cinema tamén serán proxectadas
A programación completa está accesible en www.cultura.gal








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.