
O Concello de Cambados ven de poñer en marcha, unha das iniciativas máis novas que presentaba o BNG no seu programa, a creación de Consellos Parroquiais, para implicar ás zonas máis rurais do municipio na vida municipal e permitir aos veciños que poidan achegar ideas e proxectos que poidan resultar produtivos para o ben común.
Si a semana pasada era o turno de Corvillón e Castrelo, agora é o turno de Vilariño e Oubiña.
A primeira desas reunións vaise celebrar na casa dá cultura de Oubiña o hoxe luns a partir das 20,30, co obxectivo de sentar as bases para ter unha actividade dinámica. O seguinte punto elixido para poñer en marcha un Consello Parroquial será Vilariño, parroquia na que a reunión está prevista para o vindeiro mércores 30 igualmente na casa de Cultura desa parroquia e tamén as 20,30hs.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.