Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de marzo de 2016

OS TRABALLADORES DA LONXA DESPEDIDOS DEBERÁN SER READMITIDOS







A lonxa de Cambados terá que readmitir aos tres traballadores despedidos o pasado setembro. Cintra a sentenza cabe recurso, recurso que xa anunciou a confraría que ía a interpoñer.

A confraría tomara esta decisión tras descubrir que os empregados retiraban pequenas cantidades de marisco antes de ir a poxa, para despois vendelo presuntamento a restaurantes. Para a Xunta Xeral da Confraría estaban realizando unha actuación irregular que podía perxudicar ao pósito, xa que a ameixa carecía de trazabilidade e dun documento de rexistro. Agora, o xulgado do social número 3 de Pontevedra considera o despido nulo e improcedente. A sentenza entende que as accións nas que se basea o despedimento non merecían unha decisión tan drástica. 


Durante o proceso xudicial quedou probado, e así o recoñeceron os demandantes, que para facilitar o traballo a hostaleiros en épocas de intenso traballo retiraban marisco, formalizando posteriormente a venda mediante varias depuradoras, cando a lonxa só pode vender a estas últimas, para garantir a salubridade do produto.
É máis, indica que, que "a súa conduta entraña certo reproche como eles mesmos admiten", e así o dixeron mesmo nunha reunión do Cabildo, previa ao seu despedimento e na que pediron perdón, cecáis o despedimento sexa demasiado castigo

De feito, subliña, como se dixo, que esta era unha práctica "tolerada" e "consentida" antes da entrada do novo goberno do Depósito" pero non na actualidade.

O xuíz considera que os traballadores non tiñan a sensación de estar actuando de maneira ilícita, xa que continuaron coas súas prácticas a pesares de que sabían que o pósito instalara cámaras na lonxa. A Confraría ten previsto presentar recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, xa que considera que se trata dun precedente perigoso. 

O vindeiro sábado a directiva da Confraría ten previsto informar aos seus socios nunha asemblea que se celebrará nos locais da Confraría.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.