O líder necesitou dunha canastra decisiva de Carlos Noguerol para levar o triunfo de Cambados e seguir o seu camiño cara ao ascenso.
A pesares das baixas e da Federación os amarelos a piques estiveron de "dar a campanada".Cunha canastra decisiva de Carlos Noguerol a 9 segundos para a conclusión, Marín Ence Peixegalego venceu en O Pombal (chei ata a bandeira) e mantén o seu ritmo triunfal cara ao ascenso, sumando o seu oitavo triunfo seguido.
Saída en tromba dos locais (11-2), que propiciaba o tempo morto de Javi Llorente. O parón non afectaba aos de Miguel Ángel Hoyo, que se ían ata os dez de vantaxe (23-13) quedando dous minutos para acabar o primeiro período. O líder reaccionaba cun 0-8 e apertaba en defensa para igualar o encontro a 31 da man do seu xogo exterior. Pantín tomaba a substitución aos seus compañeiros e facía que Marín fose por diante aos vestiarios (35-39).
Á volta, o partido seguía pola senda de igualdade, aínda que agora eran os visitantes os que dominaban por curtas rendas (47-51). Os da Raña chegaban a gañar por cinco, pero Xuven Cambados pechaba o terceiro período cun parcial 10-2 para entrar por diante no acto decisivo (61-56). E os locais mandaban con certa comodidade durante os primeiros minutos do cuarto (70-64). Pantín volvía aparecer para asumir o mando en ataque e voltear o choque (71-72). Xa no minuto final, Chapela acertaba en dous tiros libres e, tras varios ataques errados, Carlos Noguerol anotaba a canastra decisiva. No ataque final, Chapela non acertou.A clave: O líder sobrepúxose ao seu 31% en tiro cuns espectaculares Javonte Green e Antonio Pantín: 46 puntos, 27 rebotes e 60 de valoración.
Estatística
Fonte: FEB.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.