A vindeira fin de semana preséntase cargada de actividades culturais en Cambados. O venres, o pazo de Torrado acolle a inauguración, ás 8 da tarde, da exposición “La luz que nunca se apaga”, de Juan Rivas. A exposición poderá visitarse ata o 1 de maio, en horario de 17 a 20 horas.
Presentamos a Juan Rivas (Pontevedra, 1974). "La luz que nunca se apaga" é o título da súa mostra, trinta pezas en óleo sobre lenzo. A mirada de Juan, a través da súa figuración, é unha viaxe pola paisaxe, na súa maioría localizado en Galicia, que nos transmite tranquilidade e inquietude ao tempo.
Armónicamente composto, influencia dos mestres holandeses, polos que sente admiración pero coa inquietude que nos pode transmitir calquera longametraxe de David Lynch, outra das súas referencias.
Nos cadros de Juan Rivas hai silencio e quietud, preséntanos paisaxes con ausencia de figura humana pero coa súa pegada omnipresente, campos de fútbol abandonados, clubs de estrada atormentados polo sol castelán no medio da nada ou solitarios camiños rurais iluminados por algún farol, único testemuño dalgunha posible presenza.
Neste sentido faise inevitable como referencia a obra de Edward Hopper, en ambos os casos o sentimento de cotiá soidade sitúa ao espectador como protagonista dunha realidade tan patente como ineludible e absurda tan propia do ser humano.
A obra de Rivas ben podería remitirnos a unha "road movie", de feito todas as imaxes son tomadas durante a viaxe, cámara en man, a pé de estrada, esa frescura de cazador de sensacións é a que sente en "Luz que nunca se apaga", na que Juan Rivas ofrece unha ampla mostra desa arquitectura rural tan propia da nosa terra que resulta absurda e ferinte, pero que xa ten a denominación gañada con suor de "feísmo galego" e que o autor desta mostra trata con incrible sensibilidade e dominio técnico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.