Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de marzo de 2016

MES DE ACTIVIDADES POLO DÍA DA MULLER TRABALLADORA







O 8 de marzo conmemórase o día da muller traballadora e por ese motivo o Concello de Cambados ten programadas unha serie de actividades durante varios días:
O martes día 8 comeza a xornada cun almorzo ás 9:30 adicado ao Fomento do Emprendemento Feminino.Ás 12:00 procederase á lectura do manifesto da Muller Traballadora na praza do Concello, e media hora máis tarde inaugurarase no paseo da Calzada unha exposición fotográfica. A xornada rematará ás 20:30 no auditorio da Xuventude, coa conferencia Memoria dunha bandida.
O mércores ás 18:00 proxectarase no auditorio a película infantil Brave, e o xoves ás 20:30 a película Piedras, ambas con entrada gratuíta.
O sábado 12 de marzo, no Auditorio da Xuventude, celebrarase a gala de entrega de premios da Muller Traballadora.
O mércores 16, celebrarase en Exposalnés a xornada O Salnés Impulsa,  sobre a búsqueda de emprego a través de internet, mentres que o xoves 31, tamén en Exposalnés, celebrarase o IV Simposio Móstrate Salnés.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.