A programación dos actos relixiosos da Semana Santa de Cambados será a seguinte, sin a confirmación oficial por parte da parroquia. Calquer modificación será correxida
Domingo de Ramos (20 de Marzo), comeza a celebración da Semana Santa na localidade de Cambados coa Bendición dos Ramos e Palmas ás 12.00 horas, na Praza de Fefiñanes. Ao terminar, sairá a procesión ata a Igrexa Parroquial onde terá lugar a celebración da Eucaristía.Pola tarde, sobre as 20.30 horas, levarase a cabo a procesión en honra á nosa Señora das Dores.
Luns 21, ás 21.00 horas todos os asistentes poderán gozar na Igrexa Parroquial dun Concerto de Música Sacra, a cargo do grupo Rias Baixas de Vigo.
Este dia tamén se celebra San Benito de Inverno.
Martes 22 , ás 21.30 horas levará a cabo a celebración comunitaria da Penitencia.
Mércores 23, esta xornada estará especialmente destinada ás celebracións de penitencia e confesións.Confesións: 12:00 horas en San Tomé; 18:00 horas en Fefiñáns; 20:00 horas en la Iglesia Parroquial.
Xoves 24 ás 18.00 horas realizaranse as celebracións en Santo Tome e Fefiñanes. Ás 19.00 horas, celebración da Cea do Señor, lavatorio de pés e Sermón do Mandato.
Ás 21.00 horas, sairá a Procesión de Ecce Homo, desde a Capela de Santo Tome ata a Igrexa Parroquial. Seguidamente meditación sobre a Paixón, e ás 00.00 horas terá lugar a Adoración do Santísimo e a Vixilia da Adoración Nocturna.
Venres 25, pola mañá ás 09.30 horas realizarase o encontro na Praza de Alfredo Brañas. Os asistentes acompañarán ás imaxes en Procesión ata a Praza de Fefiñanes e ás 12.00 horas, Vía Crucis na Igrexa Parroquial.
Pola tarde, ás 17.00 horas, Liturxia do Venres Santo na Igrexa parroquial, coa escenificación da paixón e morte do señor. Ás 19.00 horas, realizarase o Desencravo na Igrexa de Fefiñanes e a continuación comezará a Procesión do Santo Enterro e ás 22.30 horas, procesión da Soidade, o percorrido será desde a Igrexa Parroquial ata a Rúa de Fefiñáns.Sábado 26, ás 23.00 horas na Igrexa Parroquial, Vixilia Pascual.
Domingo de Resurreción ( 27 de marzo), esta xornada estará especialmente marcada pola Eucaristía Pascual cos horarios de costume.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.