
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior alerta de que o temporal costeiro que está a afectar a Galicia subirá o seu nivel de alerta a vermello na Coruña a partires de tarde-noite de hoxe, domingo 14 de febreiro.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espérase mar combinada con ondas de entre 8 e 9 metros de altura nas zonas oeste e noroeste da provincia da Coruña. O resto do litoral manterá o nivel de alerta laranxa, vixente desde onte.
Así, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informou da situación a todos os concellos costeiros; ás tres Deputacións, servizos de Protección Civil e clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a máxima seguridade.
Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.