Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de febrero de 2016

PROGRAMACIÓN DO ENTROIDO´16 PARA MERCORES








Mércores 10, Mércores de Entroido.
A partir das 19.00 horas o Entroido cambadés  coa celebración do Enterro dá Sardiña, acto que contará coa participación da formación Olodum Coio.

Tamén haberá degustación de doces de entroido preparados polas Asoc. de Amas de Casa "Albariño" de Cambados.

19:00 h. “Para salvar as nosas almas logo dos excesos propios do Entroido, terá lugar a homilía guiada polo PREDICADOR e o coro gospel Olodum do Coio. Mediante a percusión, os cánticos sagrados e a palabra, os asistentes atoparán o verdadeiro camiño de salvación, a purificación, e a expiación do pecado. Homes, mulleres, plañideiras, cativos, guerreiros e covardes, votantes e políticos, da resistenza ou do lado escuro... Quedades todos convidados a acompañar á comitiva co gallo da queima da sardiña que terá lugar na praia de San Tomé (ou no despacho da alcaldesa se as inclemencias do tempo así o dictan). 

ALELUIA!!!”


Debido ás previsións climatolóxicas adversas. estas actividades de entroido programadas para mañá mércores (degustación de doces tradicionais de entroido  e enterro da sardiña) pasarán da Praza do Concello á Nave de Peña. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.