Dez grupos competiron onte na sala de degustación da nave José Peña polos premios do concurso de filloas. Na categoría de cantidade gañaron a cambadesas María Cruz Cores e María Jesús Durán, dúas "veteranas" que fixeron 81 filloas en media hora e que xa gañaron en ocasións anteriores.A parella que se fixo coa vitoria na modalidade de sabor tamén gañaron dous cambadeses Laura Daporta e Rubén Cores, de 23 anos, participaban por primeira vez no concurso de Cambados, e hai apenas unha semana case non sabían facer as filloas. Na súa receita teñen un toque de laranxa.
Mentras, abaixo no mesmo Salón de Peña, máis de medio milleiro de nenos participaron nunha festa organizada pola asociación de comerciantes Zona Centro, o Concello e a Confraría de Pescadores. Había premios para os mellores disfraces, en todos os casos foron a mans de cambadeses. Foron Lucas González e María Piñeiro en categoría individual, e que ían disfrazados de "mariñeiro na súa dorna" e "dama de copago", respectivamente; os irmáns Nadal e Adán Herrera, de tres e dous anos, e cuxa composición emulaba un casino de xogo; e o grupo chamado "Xurelos, xureliños e petiscos". Os premios para eles van desde os 50 aos 150 euros en vales de compra.
O domingo tivo lugar o concurso de Carrozas. A asociación Volandeira un ano máis levou os 500 euros do primeiro premio coa súa composición de dragóns; en segunda posición quedaron os "Troulanenos", unha versión dos populares "Cantajuegos", a cargo da asociación de pais de alumnos do colexio de Castrelo; e os terceiros foron os "Vaticano´s Revolution" de un grupo de Sanxenxo.Había 23 comparsas e maquetas anotadas, aínda que finalmente participaron 20. Dous delas non asistiron debido ao mal tempo, mentres que unha terceira non saleu porque algúns dos seus integrantes eran os donos da casa que se estaba a arder a mesma hora do domingo en Tragove.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.