Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de febrero de 2016

1ª MOSTRA E DIVULGACIÓN DA CAMELIA EN CAMBADOS







Adiantábamos hai unhas semanas a creación de este evento. Un evento que nace para continuar no tempo.


Esta fin de semana dos Namorados para exhibir a beleza da Camelia... e non poidan ser outros que un grupo de verdadeiros namorados desta especie os que, xunto coa colaboración do Concello de Cambados, organizasen este evento para descubrir os encantos da flor vida de oriente máis característica de Galicia.
Para máis información ou consulta poden contactar coa Oficina de Turismo do Concello de Cambados, no Paseo da Calzada ou no teléfono 986 52 07 86.

Ubicación do recinto en Google Maps: https://goo.gl/maps/QAKgut533P12


Durante a fin de semana da mostra a Asociación de Comerciantes Zona Centro decorará os seus establecementos con camelias e repartirá entre os clientes unhas participacións para o sorteo de 4 lotes de produtos relacionados coa flor.

Horarios de Exposición:
Sábado 13 de febreiro
9:30 – 13:30. Recepción e montaxe da 1ª Mostra da Camelia (a media mañá haberá pausa café para todos os expositores e colaboradores)
13:30 – 14:00. Inauguración da 1ª Mostra da Camelia en Cambados e entrega de Diplomas
14:30. Xantar de Confraternidade
16:30 – 20:00. Horario de apertura ao público
16:30 – 20:00. Obradoiros para a divulgación da Camelia. Inscrición previa na Biblioteca Municipal Luís Rei (986 52 00 08). Para nenos a partir de 1º de primaria.
                -16:30 – 18:00. “creación de tarxetas coa técnica de Scrapbook para testos de camelia” (monitora María Reboredo). De balde ata completar aforamento (15 prazas)
                -18:00 – 19:30. “creación de lápis-camelia” (monitora Arantxa Esperón). De balde ata completar aforamento (15 prazas)

Domingo 14 de febreiro
10:00 – 14:00. Apertura da mostra ao público
10:00 – 13:00. Obradoiro para a divulgación da Camelia. Inscrición previa na Biblioteca Municipal Luís Rei (986 52 00 08). "Workshop de esmaltado ao lume”, farase unha camelia de cobre (monitora artesá Pilar Blanco). Prezo por persoa subvencionado 10€. Aforamento 12 prazas. Idade recomendable 10 anos.
16:30 – 20:00. Horario de apertura ao público
20:00. Clausura da 1ª Mostra da Camelia.





1 comentario:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.