Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de enero de 2016

ESTE VENRES ESTRÉASE "QUERIDO TOMÁS"








O Salón Teatro de Santiago abre a súa carteleira de 2016 coa estrea este venres día 8 da montaxe ‘Querido Tomás’, primeira adaptación teatral da novela homónima de Xosé Neira Vilas. Con esta función, programada para as 20.30 horas, culmina o proxecto posto en marcha por Noelia Toledano xunto ao propio Neira Vilas e que agora se presenta ao público como homenaxe ao autor de Vila de Cruces, falecido o pasado 27 de novembro.
Noelia Toledano é a directora desta produción da asociación My Art Project, ademais de asinar a dramaturxia e de lle dar vida á personaxe de Sara desde unha dobre perspectiva: a do pasado e a da actualidade. Esta dualidade temporal reflíctese igualmente na música composta por Isaac Garabatos para esta montaxe, construída a partir da combinación do monólogo con diferentes pezas audiovisuais realizadas por Pepe Castro. Cóntase, así mesmo, coa colaboración dos actores Alejandro Carro e Xoque Carbajal, que a través destes audiovisuais se poñen na pel do Tomás do pasado e mais do presente.
Tamén forman parte do equipo de ‘Querido Tomás’ Miro Magariños como axudante de dirección, asesor lingüístico e técnico de luz e son; María Tizado, a cargo do atrezzo; e Carlos Montes, axudante de produción e técnico audiovisual.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.